O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación do XIII Campionato de España de 10 quilómetros en ruta, de categoría absoluta e máster, que se disputará o 8 de maio no Barco de Valdeorras. Estará acompañado do alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García; o concelleiro de Deportes do Barco de Valdeorras, Aurentino Alonso e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos.