.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar o vindeiro xoves, 13 de outubro, a presentación da terceira edición da andaina "Viño de Monterrei". O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do alcalde do Concello de Monterrei, José Luís Suárez; do responsable de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno; e o membro da cooperativa Xeitura, Manuel Gallego.