Presentación da 3ª "Semana Escolar da Árbore e da Auga".

Compartir
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 16 de marzo, a presentación da 3ª "Semana Escolar da Árbore e da Auga", unha actividade organizada pola Deputación de Ourense para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga, que teñen lugar o 21 e 22 de marzo. Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual "O amor eterno de Rozabales" adecuado aos cursos de Primaria. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do autor do libro, Xosé Antonio Perozo; e do director xeral de Viaqua, Julio Armando Masid.