Presentación da 3ª Semana Escolar das Letras Galegas

Compartir
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 9 de maio, a presentación da 3ª Semana Escolar das Letras Galegas que organiza a Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a editora da antoloxía Augas e literatura na ourensanía, Mercedes Pacheco; e a coordinadora da actividade, Llerena Perozo.