Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 19 de marzo, a presentación da 4ª "Semana Escolar da Árbore e da Auga", unha actividade organizada pola Deputación de Ourense para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga, que teñen lugar o 21 e 22 de marzo. Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual A invención do salgueiro en Ourensanía. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor do libro, Xosé Antonio Perozo; e do director xeral de Viaqua, Julio Armando Masid.