Presentación da 55ª Feira do Viño do Ribeiro.

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 55ª edición da Feira do Viño do Ribeiro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da concelleira de Cultura de Ribadavia, María López Touza; e do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares.