Presentación da 5ª Semana Escolar da Provincia.-

Compartir
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 23 de novembro, a presentación da 5ª Semana Escolar da Provincia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da coordinadora da actividade, Llerena Perozo; e do autor do libro manual desta edición De Entroido pola ourensanía, Alberto Ramos.