.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 27 de outubro, a presentación da 9ª Camiñada "Roteiro por terras de Cortegada". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes, Bernardino González; do alcalde, tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, José Victor González e Begoña Estévez, respectivamente.