Presentación da "Concentración de coches antigos - 2ª Ruta de Mosteiros e Castelos".-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 10 de agosto, a presentación da "Concentración de coches antigos – 2ª Ruta de Mosteiros e Castelos", de Xunqueira de Ambía. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da organizadora do evento, Beatriz Crespo; e do alcalde e tenente de alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes e Fran Nogueiras, respectivamente.