.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 2 de marzo, a presentación da exposición "59 citas para unha escultura ausente", do escultor Jorge Varela. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do artista.