No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da exposición "Hortus Conclusus", de Christian Villamide. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do propio artista. A mostra será inaugurada ás 20.15 horas.