Presentación da exposición "•Largo Torres Pato en estado puro".

Compartir
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 19 de xaneiro, a presentación da exposición "Largo Torres Pato en estado puro" coa que se homenaxea ao pintor ourensán falecido hai un ano. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do comisario da mostra, Jesús Fuertes.