.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá ás 11.00 horas, a presentación da exposición "Periferias da fotografía na colección Alcobendas", que se enmarca dentro da participación da Deputación de Ourense no "Outono Fotográfico". O acto contará coa presenza do director do Centro Cultural, Francisco González; o asesor de cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; e os comisarios da mostra, José María Díaz-Maroto e Vítor Nieves.