.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá, mércores, 28 de outubro, a presentación da exposición "Retablos e diálogos", de Xulio Gil, que se enmarca dentro das actividades da Deputación de Ourense no "Outono Fotográfico". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural, Francisco González; e o autor da exposición, Xulio Gil.