No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da exposición "Retrospectiva", do autor Emilio Celeiro, xunto co catálogo da mesma. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do centro cultural, Francisco González; e do propio artista. A exposición será inaugurada ás 20.00 horas.