No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da exposición "Sombra natural", do pintor Juan Carlos Román. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; do comisario da mostra, Ángel Cerviño; e do artista.