- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 4 de decembro, a presentación da exposición In Tempore Sueborum organizada pola Deputación de Ourense sobre o tempo dos suevos na Gallaecia (411-585), o primeiro reino medieval de Occidente. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o comisario da mostra, Jorge López Quiroga.