Presentación da "Gaita do mes".-

Compartir
Na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense terá lugar mañá mércores, 7 de marzo, a presentación da "Gaita do mes". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; e do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo. No evento actuará Liana Sharifian intérprete de Ney-anban (gaita de Irán).