- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 15 de decembro, a presentación da Guía de Fútbol "Ourense a provincia termal 2016-2017". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e do cofundador de Social Media Sports, Javier Taboada.