Presentación da I Marcha BTT de Cualedro

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá mércores, 28 de setembro, a presentación da I Marcha BTT do Concello de Cualedro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do alcalde do Concello de Cualedro, Luciano Rivero; do responsable da área de Deportes dos concellos de Cualedro e Monterrei, Marcos Meno; do tesoureiro do Club BTT Verín, Pablo Larrayoz; e do responsable de protección civil de Verín, Manuel Higinio Alfonso.