.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar ás 11.30 horas, a presentación da segunda edición da Carreira Popular do Concello de Monterrei. O acto contará coa presenza do asesor de deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez Martínez; o responsable da área de deportes de Monterrei, Marcos Meno Méndez; e o representante da Asociación deportiva Limactiva, Óscar Gómez Míguez.