Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 25 de outubro, a presentación da terceira edición da andaina "Serra Mosteironda" de Velle. O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; e do presidente e do membro da directiva da Asociación de Veciños Santa Marta de Velle, Francisco Sotelo e Manuel Álvarez, respectivamente.