Presentación da III Carreira Vía Nova en Bande.-

Compartir
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, terá lugar mañá martes, 31 de maio, a presentación da "III Carreira Vía Nova", que se celebrará no municipio de Bande. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Concello de Bande, José Antonio Armada; a presidenta da asociación VII Legio Gémina, Melisa Pereira; e o responsable de Deportes no Concello de Bande e secretario da asociación, Xurxo Vázquez.