Presentación da IV andaina do "Viño de Monterrei"

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 4 de outubro, a presentación da IV andaina do "Viño de Monterrei". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; do responsable de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno; do representante da Cooperativa Xeitura, Manuel Gallego; e do responsable de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso.