No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 31 de outubro, a presentación da IV edición de "Cata a arte", o ciclo de catas de viños do Ribeiro que se mesturan con actividades culturais e artísticas. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; do director do Centro Cultural, Francisco González; da representante de Autismo de Ourense, Natalia Montes; e a bailarina, Nuria Sotelo.