Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IV Mascarada Ibérica. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; os alcaldes de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, Secundino Fernández e Melisa Macía; o presidente da comisión Entroido de Viana, Jorge Domínguez, e a representante da asociación Xuntos polo Folión de Vilariño, Nieves Rodríguez.