A deputada de Políticas Sociais, Reto Demográfico e Igualdade da Deputación de Ourense, Luz Doporto, participa na presentación do I Trail do Pereiro e Andaina "Ruta Sicenata Pacata". A proba solidaria celebrase o 30 de xaneiro e está organizada pola asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia) xunto ao goberno provincial e o Concello de Pereiro. No acto tamén estará o alcalde de Pereiro, Luis Menor; a representante de Aneida Luz Oliveira e o responsable técnico da proba, Olivier Reboredo. Lugar: Sala de prensa da Deputación.