Presentación da programación cultural e deportiva de Xunqueira de Ambía.-

Compartir
Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación da programación cultural e deportiva do Concello de Xunqueira de Ambía. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde e da concelleira de Cultura de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes e Covadonga Suárez; e do comisario da exposición "Órgano, música e natureza", Baldomero Moreiras.