.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, 10 de abril, a presentación da programación completa da "Ourense ICC Week" 2018. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e dos coordinadores da "Ourense ICC Week", Juan Rivas e Manuel Araujo.