- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 14 de setembro, a presentación da "Romaría da Saínza" 2017. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; da colaboradora da Romaría, Ana Belén Míguez; e da asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez e Jose Antonio Cao.