Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "Semana Escolar das Letras Galegas". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da coordinadora da actividade, Llerena Perozo; e da autora da antoloxía que se entregará nesta Semana, Mercedes Pacheco.