.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 24 de novembro, a presentación da VI Andaina solidaria do Concello de Nogueira de Ramuín. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da presidenta da AECC de Ourense, María Isidora Gómez; do acalde e do tenente de alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín, José César Parente e Raúl Soto, respectivamente.