Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VI edición da "Carreira Popular" do Concello de Monterrei, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o presidente da Asociación deportiva Limiactiva, Óscar Gómez; o delegado provincial da Federación Galega de Atletismo, Ángel Fidalgo; e o responsable da área de Deportes e Cultura do Concello de Monterrei, Marcos Meno.