O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación da XX edición da Volta Ciclista a Galicia. No acto tamén intervirá o vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, representantes dos concellos que acollen as saídas das etapas e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz. Lugar: Sala de eventos do Edificio Fontán - Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).