- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XI Marcha BTT de Monterrei. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; do coordinador da proba, Diego Matías; e do presidente da BTT de Verín, Kiko Calviño.