Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 4 de agosto, a presentación da XIII edición da "Festa Mexicana" de Avión. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Avión, Antonio Montero; e da responsable de Cultura do Concello de Avión, Isabel Gabián Lorenzo.