Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XIV edición da "Festa Mexicana" de Avión. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Avión, Antonio Montero; da responsable da Festa, Isabel Gabián; e do restaurante mexicano Taco-Bar da Coruña, Jesús Gabriel.