- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da Xornada de Xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos, Eduardo Blanco; do delegado en Ourense da Asociación, Fernando Alonso; e do xefe de servizo de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, Manuel Pérez.