Presentación da Xurés Bike Tour-

Compartir
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación da segunda edición da Xurés Bike Tour 2022, competición organizada pola Deputación de Ourense a través do Inorde e que conta co apoio de Turismo de Galicia. Rosendo Fernández estará acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e os alcaldes de Bande, Lobeira, Entrimo, Muíños, Lobios e Montalegre.