Presentación da XV edición do CeMAC.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XV edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC). O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do administrador da Fundación Carlos Casares, Hakan Casares; da vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; do alcalde de Celanova, Xosé Luis Ferro; da coordinadora de Política Audiovisual da AGADIC, Dolores Meijomín; do director do Taller AV CeMAC, Paulino Pérez; e da directora da curta "Lus de contra", do Plató de ficción do CeMAC, Ana Campos.