Na Aula Progreso do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da XVI edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares; do alcalde de Celanova, Antonio Puga; da directora de Dinamización cultural do Campus de Ourense, Ana Torrado, e do director do CeMAC, Miguel Anxo Fernández.