- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XVI edición da Romaría Etnográfica Raigame. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e do técnico de Cultura do Concello de Celanova, José Luis Ferro e Antonio Piñeiro, respectivamente; e da directora do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo", Mariló Fernández.