Presentación da XXIX edición das "Noites Teatrais" de Vilamarín

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 8 de xullo, a presentación da XXIX edición das "Noites Teatrais" de Vilamarín. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde do Concello de Vilamarín, Amador Vázquez; da concelleira de Cultura do Concello de Vilamarín, Marina Rodríguez; e da xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Mercedes Gallego.