Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 27 de xuño, a presentación da XXV Festa de Exaltación do Pan de Cea en San Cristovo de Cea. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde do Concello de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e do presidente do "Consejo Regulador de la Indicación Geográfica Protegida Pan de Cea", Carlos Rodríguez.