Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 28 de decembro, a presentación da XXV "Subida á Costiña de Canedo". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do impulsor da "Subida á Costiña de Canedo", Saturnino González; e da presidenta, do presidente Honorario e do secretario do Club Atletas Veteranos Ourense, Laura López, Alfonso Fernández e Leopoldo Martínez, respectivamente.