Presentación da XXVI Festa do "Pan de Cea".-

Compartir
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 29 de xuño, a presentación da XXVI edición da Festa do "Pan de Cea". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e do presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Pan de Cea", Carlos Rodríguez.