Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 11 de agosto, a presentación da XXVIII edición da "Festa da vendima" de Leiro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde e do concelleiro de Cultura de Leiro, Francisco José Fernández e Ramón Álvarez, respectivamente.