A deputada Patricia Torres participa na presentación da XXXIII edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA), acompañada polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, o representante de ASPADISI, Manuel Amil, e o director de FETEGA, Carlos Ledo. No acto presentarase a programación e o premio de honra FETEGA 2022. Lugar: Sala de xuntas do Pazo Provincial.