O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación das actividades do Día Mundial da Poesía que se desenrolarán na Insua dos Poetas o vindeiro 21 de marzo. Neste acto tamén intervirán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.