.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial, terá lugar o vindeiro luns, 11 de xaneiro, ás 11.00 horas, a presentación das escolas deportivas da Deputación nas modalidades de balonmán, fútbol, judo e xadrez. O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o asesor de deportes da Deputación, Bernardino González; o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro; o delegado provincial da Federación Galega de Fútbol, Raúl Rois García; o delegado provincial da Federación Galega de Judo, Manuel Montero Vidal; e o director de Escuela Ajedrez, Elias José González.